RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Traballo, espírito de superación e crer en nós levounos arriba

var ivPlayer1260321 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1260321.playVideo('player1260321', 'rp_lotina_abegondo_09_03_2010_ts.mpg

En canto ao partido do próximo sábado 13 de marzo ás 22.00 horas no Estadio Sánchez Pizjuán ante o Sevilla, Lotina cre que "seguimos igual co que dixen a semana pasada respecto ao Real Madrid. Ímolos a coller desgustados pola derrota no Bernabéu e encabuxados porque gañaban 0-2".  Meditará esta semana ademais un cambio de sistema, concretamente un 4-3-3: "Imos darlle unha volta", precisou.
 
Chanceou Lotina cos medios de comunicación acerca da súa renovación: "Faltan un par de ceas e un par de botellas de viño". Xa máis en serio ratificou as palabras do Presidente, Augusto César Lendoiro, na zona mixta do pasado sábado. "Practicamente xa está. Dei a miña palabra, e con éso vale".
 
Por fin, insistiu en que a partir de agora, quere estar "máis preto do Presidente na época das fichaxes", pero sempre en coordinación coa Dirección Deportiva: "Eu non son o Secretario Técnico nin o Director Deportivo", recalcou. "Si queremos estar un pouco máis encima e viaxar máis a ver xogadores", puntualizou.