RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas admite que en San Mamés ''xogámonos todos a vida''

Lucas aseguró esta tarde en rolda de prensa que, de face ao encontro deste sábado 9 de maio en San Mamés, "a xente está moi animada. O que levamos adestrado esta semana a xente ten moita ilusión porque chegue o part

Cre que en Bilbao, ante o Athletic, "é unha final. Xogámonos todos a vida. Tanto eu como os meus compañeiros estamos mentalizados de que só nos vale a vitoria. A por éso imos".

O atacante deportivista pide publicamente desculpas pola dolorosa derrota do Dépor no seu último partido lonxe de Riazor, en Elxe: "Estamos moi avergoñados pola imaxe do equipo. Hai que desculparse ante a imaxe que demos. Foi lamentable, non digna dun equipo de Primeira División, e menos dunha institución como o Real Club Deportivo da Coruña. Achéganse o tres últimos partidos e só nos vale gañar. Non nos vale mirar para Almería, Eibar... Se non gañamos nós, non podemos mirar para ningún outro lado".

Di Lucas que "é de agradecer que en todos os partidos que xoguei fóra de casa vin camisetas do Deportivo", en referencia ao milleiro de afeccionados que animarán ao Dépor desde as bancadas de San Mamés.

Precisamente do rival, o Athletic Club, opina que "é un equipo que está a crecer agora moito. A final de tempada está a dar a súa mellor versión. Imos ao seu campo e alí é moi perigoso".