RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas, agradecido á afección: É unha marabilla que veña tanta xente a vernos

Lucas Pérez agradeció o apoio dos 400 afeccionados do Deportivo que apoiaron sen cesar ao seu equipo na bancada do Ciutat de Valencia: "É unha marabilla que veña tanta xente a vernos".

O pichichi deportivista confesa que se marcha do estadio levantinista "encabuxado" porque o Levante igualou o encontro nun "fallo de organización na barreira. É un gol que non debería entrar".

Pola súa banda, Jonás subliña que "nos deixamos dous puntos.
Sempre é difícil arrincar gañando, e máis a domicilio". Na segunda parte, a xuízo do internacional arxentino, "non puidemos facer o noso xogo. Pero o fútbol é así, hai que seguir. É un punto nunha cancha difícil e nós seguimos sumando".

Para Jonás, "o tres puntos como local son fundamentais. E cando vés fóra e tes vantaxe, hai que ter máis coidado co balón, buscar eses espazos. Hoxe non se logrou e facilitámoslles as cousas a eles".

Do derbi, asegura o '24' branquiazul que " estes partidos importa pouco como se xogan. Hai que gañalos".