RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas, Álex e Cuenca valoraron o partido en Zona Mixta

  Os coruñeses Lucas Pérez e Álex Bergantiñou, xunto ao reusense Isaac Cuenca, valoraron o Deportivo - Sevilla na zona mixta do Estadio Municipal de Riazor.

Para Lucas: "fomos moi valentes, xogamos de ti a ti ante un equipo que está a loitar por Europa. Cara a portaría estivemos moi ben pero se che emeten catro e eles tres, está aí o problema". O coruñés lanzou o penalti do Dépor para o que tamén se postulaba Borges: "falámolo Borges e eu, non hai problema, démonos un abrazo agora no vestiario. Cedeumo e nada máis. Non teño ningunha discusión con Borges nin con ningún compañeiro". En canto á situación xeral: "cando gañamos dous seguidos non eramos os mellores nin agora os peores, é unha liña que temos que seguir. Agora vén a valencia, rival difícil e hai que seguir para diante, non queda outra, nas boas e as malas".
 
Segundo Álex: "foi un partido tolo na segunda parte. O terceiro gol volveu tolo o partido, tivemos que arriscar e iso deulles contraataques. O menos malo é que o equipo seguiu crendo e fixo tres goles, que non é fácil. A liga vai por puntos e preferiamos 0-0 que perder 3-4. O equipo queda un pouco tocado por perder en casa, pero a igualdade abaixo é máxima e temos que ter cabeza fría ata o final", concluíu.
 
Por último, Isaac Cuenca cre que "é unha pena porque te vas pensando que marcamos tres e non sacamos un punto, pero o fútbol é así e é o que toca. Non creo que nos falte nada, a verdade, pero estamos a falar de que xogamos co Sevilla, un equipo de arriba e se cadra tres goles non son suficientes".