RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas: Ao Deportivo ninguén o puxo aí. Traballámolo, suámolo, loitámolo

Lucas Pérez evitó a euforia esta mañana na sala de prensa de Abegondo e recalcó, ante a visita do Athletic Club a Riazor este domingo 18 de outubro ás 20.30 horas (Canle + Liga / Abono Fútbol), que "canto antes sume

Subliña que "o que vemos na clasificación (sexto posto) é que estamos a facer un bo traballo. Ninguén nolo regalou. Ao Deportivo ninguén o puxo aí. Traballamos, suámolo, loitámolo".

Ao seu xuízo, salvarse o ano pasado na última xornada "serviunos para aprender e para tentar mellorar, que é o que queremos. Estamos aí arriba. O único que buscamos é salvar ao equipo canto antes. O que teña que vir, benvido sexa. A ilusión a min non ma quita ninguén".

Do Athletic, cre que é "un bo equipo. Non está a ter os resultados que merece. Fixo un gran último partido, onde xogaron un grandísimo fútbol. Iso hai que telo en conta. É un dos históricos da liga, un gran Club".