RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas, avaliado en Barcelona polo Dr. Balius e o fisioterapeuta Miquel Anxo Cos

  O atacante deportivista Lucas Pérez foi valorado hoxe martes en Barcelona polo fisioterapeuta Miquel Ángel Cos, co obxecto de implementar o proceso de fisioterapia e readaptación.

Ademais, foi avaliado tamén polo Dr. Ramón Balius, e, de acordo co Dr. Rafael Arriaza, Lucas foi infiltrado para acelerar a supresión da irritación neural microscópica que aínda sofre despois da contusión sufrida no partido do pasado mes de outubro en Cornellá.
 
O futbolista branquiazul terá descanso ata o vindeiro luns día 29 de decembro.