RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas, cauto sobre a salvación: Ata que non o digan as matemáticas non estou tranquilo

Lucas compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo. Do partido de onte, comenta o pichichi deportivista que "después de como se deu a primeira parte, na segunda o equipo volvió a atopars

Lembra en relación ao tanto do empate logrado por Oriol Rise, que arrincou o encontro no banco, que "eu dixen aquí moitas veces que a xente do banco ía dar os seus froitos tarde ou cedo. Moi contento co gol de Oriol e o empate que é moi importante para nós".

Advirte que "nós o mércores ante o Barça (20.00 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) temos que facer o noso partido para conseguir matematicamente a salvación e se pasa por gañar ao Barça... Despois enfrontámonos ao Real Madrid". "Podemos decidir a liga. O destino dirá", engade.

Espera a un Barcelona que, ao seu xuízo, "é o mellor equipo do mundo, ou un deles. Penso que virán deixar sentenciado o partido na primeira parte. Pero nós estamos na nosa casa e imos tentar porllo difícil como nos dous últimos partidos no Camp Nou".

Da salvación, Lucas reitera que "estamos preto. Pero ata que non o digan as matemáticas non estou tranquilo. Non hai que confiarse esta liga porque é moi complicada. Cando o digan as matemáticas, aí diremos 'por fin estamos salvados'".