RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas cre que #ONOSODERBI decidirase "nos duelos individuais"

Lucas Pérez foi o protagonista na sala de prensa de Abegondo, esta mañá, após o adestramento matinal do Deportivo.

O dianteiro coruñés confesa que #ONOSODERBI deste sábado 23 de decembro no Estadio ABANCA-RIAZOR (18:30 horas, Gol) vívese "con tensión, con moitas ganas e con moita ilusión de que gañe o Deportivo".

Preguntado polas declaracións de Iago Aspas, nas que dicía que o Celta é o mellor equipo de Galicia, Lucas foi rotundo: "Non hai nada que dicir. A historia está aí".

Do conxunto céltico, opina o ariete deportivista que "ten un gran equipo. Fai un gran fútbol. Na miña opinión teñen menos puntos dos que merecen. Vin varios partidos nos que perderon puntos que non merecían".

Espera un partido "de moita tensión, de moita rivalidade. Todo o mundo ten ganas. Onde se vai marcar o partido é nos duelos individuais. O que saia máis favorecido. Espero que sexamos nós".

O seu derbi soñado é "gañar. Marcar se vale para gañar, como todos os dianteiros. O que me importa é gañar, igualalos a eles ou superalos, e marcharnos por Nadal tranquilos".

Gañar o sábado suporía, recalca Lucas, "un plus de moral, de motivación e de ilusión para todos en xeral. Se a afección contáxiase do bo resultado do derbi e séguenos apoiando como o está facendo, é bo para todos".

Nesta liña, subliña que o deportivismo "á mínima que lle dás, á mínima de todo, envórcanse. E iso é algo que lle agradecemos e entendemos, tanto eu como o cadro".

A nivel persoal, Lucas asegura que "me atopo ben fisicamente, moito mellor que cando vin. A nivel anímico, cando as cousas non saen ben non a nivel persoal senón a nivel colectivo, non estou contento por como están a ir as cousas".

Na súa análise da traxectoria do Deportivo nesta liga, lembra que "tanto con Cristóbal como con Pepe (Mel), moitos partidos marcáronse por fallos individuais ou por fallos de todos. Todos fallamos, eu o primeiro. E no fútbol estes detalles marcaron que esteamos na posición que estamos por eses fallos puntuais. O que hai que facer é traballar".