RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas e Adrián valoran un triunfo que "nos vai reforzar moito"

Os dous goleadores na noite de hoxe ante o Málaga, Lucas Pérez e Adrián, atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro coruñés confesa estar "moi contento coa vitoria. O equipo traballou moi ben. A pena é que estivemos dúas veces por diante e non soubemos manter o resultado. Por fin esa desexada vitoria que a necesitabamos, anímica, moral... Moi contento por iso, non só polo gol".

Explica após marcar o penalti o seu xesto de pedir desculpas aos afeccionados: "É o sentir que teño tanto eu, como os meus compañeiros, a miña familia, como a xente do Deportivo, que sente esa tristeza que non nos saian as cousas, que leven varios anos sufrindo. E a nivel persoal que non me estean saíndo as cousas como desexaba e esperaba".

Lucas asegura que o vestiario "segue crendo (na permanencia) desde o primeiro momento en que a situación se puxo así, a tantos puntos de saír do descenso. O equipo sempre creu. Pero cando traballas as cousas, tentas facelo o mellor posible e non sáenche, animicamente te vés abaixo".

Indica que este triunfo, ante un rival, o Málaga, que viña de gañar a semana pasada, "refórzanos moito".

Pola súa banda, Adrián López, bigoleador esta noite, opina que "a primeira parte non estivemos como queriamos e como na segunda. Si, logo houbo un cambio xeral, na segunda parte estivemos no seu campo, xeramos moitas ocasións. Ao final é unha vitoria merecida para nós".

Márchase o dianteiro asturiano co seu achegar goleador "contento por axudar a conseguir esta vitoria que tanto necesitabamos. Para os atacantes sempre é importante facer goles e a verdade é que moi contento".

Valora tamén positivamente superar as adversidades do partido, cos dous empates que logrou o Málaga ao longo dos 90 minutos: "Tiñamos unha frustración grande de que nos pasou en moitos partidos, que puidésemos conseguir os 3 puntos e ao final non era así. Hoxe o importante é que o equipo seguiu, seguiu e seguiu. Ao final conseguimos esa vitoria que necesitabamos a nivel de puntos na clasificación e que moralmente nos vai dar un empuxón forte para que detrás desta veña outra".