RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas e Schär regresan á convocatoria para o partido ante o Valencia CF

Cristóbal Parralo citou a 19 futbolistas para o partido de mañá sábado no Estadio ABANCA-RIAZOR (20:45 horas, Bein LaLiga) ante o Valencia CF, en partido correspondente á xornada 19ª en LaLiga Santander.

A novidade é o regreso de Lucas Pérez e Fabian Schär á convocatoria. Ambos foron baixa o pasado domingo en Vilarreal por lesión e sanción respectivamente.

Quedan fóra Fede Cartabia, en proceso de recuperación; e Bakkali, en virtude do seu contrato de cesión co Valencia.

No adestramento desta mañá, co fabrilista One, Cristóbal Parralo dispuxo un partido táctico once contra once, durante o cal repartiu constantes instrucións. O traballo sobre o céspede para os futbolistas concluíu con fútbol en espazo reducido.

Após o encontro ante a Valencia, o cadro está citado de novo en Abegondo o domingo 14 de xaneiro ás 11:00 horas.