RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas: ''estamos moi mentalizados que o partido se ten que gañar''

  Lucas Pérez reconoció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo que "temos moitas ganas todos" do derbi do próximo sábado 21 de novembro en Riazor ante o RC Celta (22.05

Confesa o dianteiro coruñés que "levas moitos anos perseguindo poder xogar este partido. Neste caso cumpriuse o ano pasado con tristeza. Espero que este ano sexa diferente". "Non teño moitos derbis ás miñas costas, só un, e é triste. Espero remedialo e cambialo", engade.
 
Cualifica de contratempo "moi importante" a baixa de Celso Borges: "Viña facendo bos partidos. Tamén coa súa selección viña xogando ben. Darlle moito ánimo e que se recupere pronto, que o necesitamos. Temos compañeiros dabondo para cubrir a súa baixa. É unha pena porque está nun gran momento".
 
Ve a un Celta que "está a facer grandes partidos. Non estarán moi contentos coa imaxe que deron contra a Valencia. Tentarano remediar gañando o derbi e dar unha boa imaxe contra o Deportivo".
 
Subliña que o equipo está a preparar o partido "con moitas ganas, con moita ilusión. Estamos moi mentalizados que o partido se ten que gañar na nosa casa. Tanto nós como a afección gozar coa vitoria".
 
Para o pichichi branquiazul, o derbi do sábado "non é Lucas Pérez contra Iago Aspas. Eu si que non teño que marcar no derbi e gañalo asino agora mesmo pero encantado. E Iago tamén o faría no seu equipo. Estou moi contento, moi ilusionado co partido que vén. É un gran partido onde o ambiente é impresionante".