RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas fala de "erro meterse atrás" e Borges pide "ser reflexivos"

Lucas Pérez, goleador esta mañá na Rosaleda, e Celso Borges, capitán do Deportivo, atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do estadio malacitano.

O dianteiro coruñés sostén que a clave é que con 1-2 "metémonos atrás e o Málaga, máis que por xogo, por paixón, por orgullo, por envorcarse arriba fainos os dous goles".

"O partido estaba do noso lado, controlado e metémonos atrás. Ese foi o noso erro", insiste Lucas.

O ariete deportivista opina que "o equipo se sentía cómodo no partido cando iamos por diante no marcador. E hai un momento onde o Málaga se envorca e metémonos atrás. O equipo estivo ben en liñas xerais, dominamos. Pero por detalles, metémonos atrás. Ese é o meu punto de vista".

Pola súa banda, Celso Borges pide "ser reflexivo" sobre o sucedido no transcurso do partido pero, á súa vez, di que hai que "mirar para adiante, que isto segue e xa nos terá que tocar".

Cualifica o resultado como "golpe duro pero, que lle imos a facer? Hai que seguir".

Segundo o internacional costarriqueño "sentimos moi ben, por iso dá máis rabia non terminar de capitalizalo con tres puntos porque creo que hoxe mereciámolos. É así o fútbol de cruel".

Tamén se parou en zona mixta da Rosaleda o presidente do Real Club Deportivo, Tino Fernández, que realizaba a seguinte análise: