RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas, Fayçal e Borges valoran en zona mixta o punto conseguido ante un dos 'grandes'

  Lucas, Borges e Fayçao valoraron o punto conseguido no partido contra a Atlético na zona mixta de Riazor.

Lucas explicou en zona mixta a acción que supuxo o merecido empate do Dépor: "Eu tiña as ideas claras. Na primeira parte iamos estar replegados e buscar o contraataque. En moitas accións estaba só. Pero xogabas contra os mellores do mundo. Na segunda, imos todos a por o partido e nesa acción tento pelexar o balón para que non salga. Na disputa (con Giménez) eu saio gañando, sae o porteiro, regatéoo e coa dereita, que é complicado que marque gol, marquei ese gol".
 
Asegurou o atacante deportivista, ovacionado polos afeccionados de Riazor ao finalizar o encontro, estar "moi contento co punto, que é moi importante".
 
Pola súa banda, Celso Borges desvelou que o equipo na segunda parte "fomos a presionar un pouco máis arriba, cambiamos de formación un pouco e entón xa tiñamos máis xente no medio para ter máis posesións máis longas".
 
O internacional costarriqueño valora este punto como "moi bo porque o necesitabamos tras o sucedido en Málaga. É un punto que traballamos moi ben".
 
Finalmente, Fayçal Fajr subliña que o Dépor na primeira parte tocoulle "defender e esperar a que eles fallasen para contraatacar. Márcannos un gol de sorte. Quero despexar, tócame na cara e ao final marcan".
 
No descanso, di o centrocampista marroquí, "empezamos a corrixir cousas, entramos con moitas ganas e saímos cun punto".