RCD / NOVAS

Lucas foi avaliado esta tarde polo traumatólogo do Club Rafael Arriaza

- Foto: Susi García - Lucas Pérez foi avaliado esta tarde por Rafael Arriaza, traumatólogo do Real Club Deportivo. O futbolista coruñés viuse obrigado a parar no adestramento desta mañana en Abegondo, a consecuencia das molestias que volvió a sufrir no xeonllo esquerdo.

26/11/2014 19:52

Os Servizos Médicos aprecian que a contusión da rótula de Lucas aínda limita certos movementos específicos de fútbol. Así pois, continuará realizando tratamento por medio de factores de crecemento autólogos e ondas de choque.

A medida que as molestias o permitan, iniciará o seu proceso de reincorporación progresiva aos adestramentos.

Máis novas de: LUCAS PÉREZ