RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas: Gustoume volver ver á afección do Deportivo xunta

Lucas compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo ante os medios informativos tras disputar onte uns minutos no partido ante o Barça, os primeiros después do seu lesión de xeonllo: "Eu ofrezo traballo, sacr

Do partido de onte, apunta Lucas que "me gustou volver ver á afección do Deportivo xunta. Para min é moi importante. Doulle as grazas. Estou agradecido que volva todo o mundo o estadio a axudar ao equipo, que é o principal".

O atacante coruñés quixo agradecer publicamente aos "doutores, ao corpo médico, ao corpo técnico, aos meus compañeiros e á afección de todo o agarimo que me deron neste tempo que estiven parado. Sinceramente axudoume moito. Agradézoo de todo corazón".

Confesa que este tempo de baixa, desde o 26 de outubro, "foi sinceramente moi duro. Coa miña familia, os meus amigos, os meus compañeiros, o corpo médico que se rompeu a cabeza día e noite para tentar buscar unha solución e tentar evitar o quirófano. Agora decidimos probar. Se non, penso que a tempada se me marchou. A vendaxe vai ben. Non sinto dor nin despois dos adestramentos nin cando chego a casa e moi contento por éso".

Márcase como obxectivo "que non me volva a pasar nada. É de verdade o que desexo". Insiste en que "me apetece xogar, gozar de estar aquí na miña casa. Hai que tirar para adiante".