RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas: Hai que confiar no Deportivo. Ímonos a salvar

Lucas pidió esta mañana en rolda de prensa en Abegondo fe no Dépor: "Hai que confiar no Deportivo. Ímonos a salvar. Este partido do Xetafe é moi importante. O equipo sempre vai loitar. Demostroumo díá día, adestrame

Cualificou o partido deste domingo 5 de abril ás 19.00 horas no Coliseo Alfonso Pérez de Xetafe (Gol T e Canle + Liga) como "moi importante fronte a un rival directo. Imos a Madrid a gañar, a facelo o mellor posible e a por o tres puntos. Temos que ir gañar. Eu confío no equipo".

O atacante coruñés opina que tanto o encontro de Xetafe como o do próximo mércores 8 de abril en Riazor ante o Córdoba "van marcar a salvación do Deportivo". "Son os partidos máis próximos e son os importantes. Hai que sacar este seis puntos como sexa", subliña.

Apunta Lucas que "todos os partidos en casa non se nos poden escapar. Con este partido (o do Espanyol que finalizou con 0-0) non estamos nada contentos. Pero hai días que non saen as cousas por moito que queiras. Non eramos os mellores cando gañamos dous partidos seguidos nin tampouco somos os peores".

Non cre Lucas que teña o Dépor especialmente máis dificultades para marcar que o resto de rivais na pelexa pola salvación: "Todos os equipos que están abaixo teñen falta de gol. O gol hai que pagalo. Non somos nin o Madrid nin o Barça, que podamos meter dous ou tres goles por partido. Tampouco creamos cincuenta ocasiones como o Barça, o Madrid ou os equipos de arriba. Nós creamos cinco ou seis e témolas que meter. Hai falta de gol, está claro, por esa situación estamos aquí".

Engade que "non hai presión. Os goles terán que chegar, chegarán. Tamén hai que facer as oportunidades porque se non as facemos non imos facer gol tampouco".