RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas insiste en que ''a liga do Deportivo é a salvación''

  Lucas Pérez compareció en rolda de prensa esta mañana en Abegondo. En primeiro lugar pidió tranquilidade, ao ser preguntado pola clasificación actual do equipo, sexto na liga BBVA con 11 puntos: "son as p

Nesta liña, insiste en que "a liga do Deportivo é a salvación. ¡Que rápido nos esquecemos cando me diciades que estabamos descendidos! Somos sextos, é moi bonito vernos aí, pero de verdade que canto antes consigamos os puntos para salvarnos é o obxectivo".

Confesa Lucas, bigoleador onte ante o Espanyol, estar "moi feliz, moi contento" co seu regreso a casa. "Desde o primeiro día que cheguei aquí e tiven a mala sorte de lesionarme souben que non me equivocaba ao volver á miña casa porque estaba moi feliz. Nunca me arrepentín de volver aquí".
 
Despedido onte do terreo de xogo cunha gran ovación por parte da bancada de Riazor, o atacante coruñés opina que "desde o primeiro día que cheguei a Coruña a afección tívome un agarimo moi especial. Nese sentido estou moi contento, non lles podo reprochar nada. O agarimo é algo de agradecer. É moi difícil de conseguir e conseguino desde o primeiro día. Creo que a ovación foi moi bonita, pero tamén foi para Fernando (Navarro) e para Pedro (Mosquera)". Engade Lucas que "o equipo está moi contento coa afección porque está nas malas e nas boas".
 
Non quere nin ouvir falar da palabra Selección: "penso só no Deportivo a día de hoxe. Xa bastante temos co noso. A Selección Española ten os mellores xogadores do mundo, é a mellor selección do mundo para min, así que non está na miña cabeza. Eu tento traballar, facelo o mellor posible. Se se fala diso é porque o traballo estou a facelo ben, e nesta liña teño que seguir".
 
Do encontro de Granada o vindeiro sábado 3 de outubro ás 18.15 (Canle + Liga / Abono Fútbol), opina que "imos xogar ante un equipo necesitado no seu campo e vai apertar moito. Sabémolo que vai pasar desde o minuto uno. E estámolo preparando toda a semana para chegar o mellor posible e gañar outra vez fóra de casa que para nós é moi importante".