RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas: ''necesitamos a vitoria e temos que saír desde un principio a gañar''

  Lucas Pérez compareció en rolda de prensa esta mañana en Abegondo. Aseguró a día de hoxe estar en perfectas condicións para o partido deste domingo 28 de febreiro ás 18.15 horas en Riazor ante o Selecta CF (

Nesta liña, subliña o dianteiro coruñés estar "con moitas ganas. Ganas como sempre. E agora máis, que o equipo sacou un mal resultado alá (en Cornellá - O Prat) despois de ter unha boa imaxe, con varias ocasións para haber vindo mínimo co empate e co tres puntos. Tivemos máis ocasións claras que eles, evidentemente non cando nos collen á contra. Contento coa imaxe que deu o equipo. Agora a conseguir a vitoria, que a necesitamos xa".

Ante o tres partidos que se lle aveciñan ao Dépor (Granada e Málaga en Riazor e Athletic Club en San Mamés) a próxima semana, reitera Lucas que "estou ben. Non estou a forzar nin nada. A edema xa pasou. Co repouso destes días estamos ao cento por cento".
 
Do Selecta CF, cre o pichichi deportivista que "cando hai un cambio de adestrador (esta semana José González revelou a José Ramón Sandoval no banco granadino) os xogadores que menos contaban, non tiñan minutos ou saían do banco, queren demostrar esta semana, estes primeiros partidos co adestrador novo, que son capaces de ser titulares, ser importantes. Todos os xogadores van estar concentrados para agradar ao novo adestrador".
 
Destaca do conxunto andaluz a Peñaranda, do que di que "é un xogador moi novo, fáltalle moito que aprender, ten moitas condicións para poder triunfar", O Arabi, Rochina... "Hai moitos xogadores que teñen moitas condicións, e é un equipo perigoso porque vén moi necesitado".
 
Vaticina pois Lucas o domingo un partido "competido. O Deportivo vai saír a por todas como sae sempre. Necesitamos a vitoria e temos que saír desde un principio a gañar, a tentar meter ao Granada atrás e que note a nosa presión".