RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas: Nin nos meus mellores soños soñei con estas dúas actuacións en Riazor

Lucas manifestó esta tarde na sala de prensa de Abegondo que "lamentarse agora (polo empate do Granada) é tontería". Por esa razón, pide "pensar no partido do venres ante o Raio Vallecano. É o que temos que facer".

Ovacionado unánimementre pola bancada ao saír do campo na segunda metade, opina que "faga o que faga, creo que Riazor me vai a querer. Riazor tenme un agarimo moi especial, e A Coruña enteira. Eu estou moi agradecido e nin nos meus mellores soños soñei con estas dúas actuacións en Riazor, poder marcar e poder saír así".

Sobre o seu gol, o segundo coa camiseta branquiazul no seu segundo partido como titular en Riazor, Lucas asegura que tenta "facelo o mellor posible. O gol é o de menos. A min o que me importou é a vitoria do equipo. Estamos aquí todos para sumar e para a salvación do Deportivo".

A nivel individual, recoñece estar "con sensacións boas porque o máis importante, despois do pasado, é que o xeonllo aguante. Estivo ben, sen dor, despois do partido tamén. E éso para min, para coller confianza, volver ao campo despois de tanto tempo é bo sinal. Moi contento a verdade".

Explicou Lucas a súa dedicatoria do tanto de onte ante o Granada abrazándose aos médicos do Club Ramón Barral e Carlos Lariño: "É unha alegría moi grande para eles, que se romperon a cabeza, que poida volver xogar. Estoulle moi agradecido. Tanto a eles como a todo o corpo médico, aos fisioterapeutas, que están día e noite traballando comigo, e é un alivio para eles. Estou moi contento por éso".

Respecto da súa visita a Vallecas este venres 30 de xaneiro (20.45, Gol T e Canle + Liga), Lucas confesa que "o Raio Vallecano sempre será un club especial. Tratáronme sempre moi ben. Foi o equipo que me puxo no escaparate. Eu só podo ter palabras de agradecemento para eles".