RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas Pérez asegurou estar "contento de estar aquí, que é onde quería"

Lucas Pérez superou esta mañá o recoñecemento médico no Hospital HM Modelo da Coruña e asinou os contratos que o vinculan ao Dépor durante esta temporada, cedido polo Arsenal sen opción de compra.

Nas súas primeiras declaracións aos medios de comunicación, mostrouse "moi contento de que por fin se resolveu todo. Contento de estar aquí que é onde quería".

Viviu estes últimos días "con paciencia. Esperando a que se resolvese a situación nun hotel de Londres. Contento pero impaciente. Tiña ganas de empezar a poder traballar". "Con paciencia todo púidose resolver", recalcou.

O dianteiro coruñés explica a súa firme decisión de xogar no Dépor porque "o diñeiro non me dá a felicidade. Móvome por emocións, por sensacións que teño. A marcha ao Arsenal foi unha boa decisión aínda que non me deron a oportunidade que creo que me merecín. Agora volta a casa que é onde quería estar".

Subliña que toca "facelo ben no Dépor, conseguir salvarse canto antes, sen pasar apuros. E logo o tema da Selección, que máis ilusión me fai".

A nivel físico, explica Lucas que "veño de adestrar. Evidentemente non fixen a mellor pretemporada da miña vida. Pero atópome máis ou menos ben. Espero poder adestrar canto antes e poder estar cos compañeiros para coñecelos. E despois coller ritmo de partidos, porque levo bastante tempo sen xogar partidos".

Desde xa se puxo a disposición de Pepe Mel para o partido do domingo 10 de setembro ás 12:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR ante a Real Sociedad (Bein LaLiga): "Estou listo. Non estou para perder tempo, que a liga comezou".