RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas Pérez: ''estamos onde estamos porque rendemos en todos os campos''

  Lucas Pérez aseguró esta mañana na sala de prensa de Abegondo que o Real Madrid, rival do Dépor este sábado 9 de xaneiro no Estadio Santiago Bernabéou (20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbo

Por esta substitución no banco do conxunto branco opina Lucas que os futbolistas merengues "sairán máis motivados, con máis ganas. A afección sairá a apoiar ao equipo, iso tamén lles vai a beneficiar. E será un partido moi complicado".

Iso si, cre que o Real Madrid "vai ter a mesma perigo tanto con Benítez como con Zidane. Despois dos malos resultados, o Bernabéu sempre esixe e eles van saír a morder".
 
A xuízo do pichichi branquiazul, "o Deportivo compite en todos os campos, nos grandes e nos pequenos. Todos os campos son moi difíciles. Isto é a Primeira División de España, unha das mellores ligas por non dicir a mellor. Todos os equipos esíxenche, dá igual o equipo que sexa. Sempre o Deportivo rendeu e plantou cara a todos os equipos. Isto é o que che esixe a máxima categoría".
 
Lucas advirte que ao finalizar a primeira volta "estamos onde estamos porque ninguén nos regalou nada e é porque rendemos en todos os campos. Se só rendemos nos campos grandes non estariamos onde estamos. O Deportivo cumpriu notablemente en todos os campos. Aínda que perdese sempre deu a cara. Nós temos o obxectivo claro que é a salvación e pasa por pelexar no Bernabéu como pelexar no campo do Levante, que agora mesmo é o pechacancelas".
 
Advirte que o Deportivo en Madrid este sábado "ten que saír coa mesma mentalidade, a de gañar todos os partidos, sexa o campo que sexa".