RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Lucas Pérez foi valorado esta tarde en Madrid polo traumatólogo Manuel Leis

O dianteiro do Dépor, Lucas Pérez, viajó esta tarde a Madrid, acompañado por un dos médicos do Club, José Ramón Barral, para ser valorado polo traumatólogo Manuel Leis, colaborador habitual do Deport

Procedeuse a completar o tratamento por medio dunha inxección antiinflamatoria, baixo control de raios X, para tratar de resolver as molestias residuais que persisten, a pesar da melloría apreciada nos últimos días. Hoxe venres, por exemplo, o futbolista xa realizou carreira continua sobre o céspede da cidade deportiva branquiazul.

Lucas sufriu un choque contra un contrario que lle impediu continuar na partida fronte ao Espanyol. Realizados os primeiros recoñecementos e probas médicas quedou establecido que sufría unha contusión ósea no seu xeonllo esquerdo. Concretándose a través de probas diagnósticas habituais, a existencia dun hematoma subperióstico de 0,4 mm. na marxe lateral da rótula.

A zona da contusión compromete microscópicamente diversas estruturas e tecidos, incluídas fibras nerviosas. A evolución é boa, pero aínda con dor invalidante para moi poucos movementos, que son  básicos para a práctica de fútbol.