RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas Pérez, xogador Estrella Galicia de xaneiro no Dépor

Lucas Pérez foi elixido pola afección do RC Deportivo como Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro no equipo. Os seus primeiros 30 días no Club, co debut con dous goles ante Unionistas, e senllos tantos contra Alcorcón e Rayo Majadahonda, fixérono acredor do 82,4% dos 2.470 votos emitidos pola afección Deportivista en Twitter.

Diego Villares, xogador Estrella Galicia de decembro e setembro, e Pablo Martínez, repartíronse, respectivamente, o 8,3 e 9,2% dos votos restantes. Con este recoñecemento, o dianteiro coruñés únese ao centrocampista de Vilalba e ao ariete onubense, Alberto Quiles, como Xogadores Estrella Galicia no cinco meses que van de temporada.

"É moi bonito que a afección me recoñeza o traballo e isto é máis ilusionante para seguir nesta liña, que todos esperamos que siga así, a de facer goles, conseguir puntos para o equipo e ao final de temporada lograr o ascenso" recoñeceu Lucas antes de atender aos medios de comunicación que o elixiron como un do tres finalistas do mes pasado.