RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas recibe o alta e entra na lista de convocados para o Barcelona

Lucas completó hoxe sábado con normalidade a última sesión de adestramento previa ao choque de mañana domingo (19.00 horas) en Riazor ante o FC Barcelona.

O atacante coruñés recibiu a alta médica e entrou na lista de 18 futbolistas convocados.

Non está aínda Celso Borges, ao que Víctor Fernández cre que "aínda lle falta moito no tema físico. El estaba a facer agora co seu anterior club traballo de ximnasio e fútbol indoor. Hai que polo a andar".

Tras o partido, o equipo volverase a adestrar o luns ás 11.00 horas en Abegondo.