RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Lucas viaxará a Madrid para pasar un control co Dr. Leis

O dianteiro do Dépor, Lucas Pérez, viaxará mañana pola tarde a Madrid, acompañado por un dos médicos do Club, o Dr. Barral, para pasar un control rutineiro co Dr. Manuel Leis, colaborador habitual do Deportivo e d

O Dr. Leis formou parte do equipo médico do Dr. Arriaza durante a súa estancia na Coruña e participou, xunto ao propio traumatólogo do Club e o Dr. Mestre, na terceira e última operación de Valerón, que permitiu ao xogador canario continuar a súa carreira ata o día de hoxe.

Como se informaba onte, o futbolista coruñés sufriu un choque contra un contrario que lle impediu continuar na partida fronte ao Espanyol. Realizados os primeiros recoñecementos e probas médicas quedou establecido que sufría unha contusión ósea no seu xeonllo esquerdo. Concretándose a través de probas diagnósticas habituais, a existencia dun hematoma subperióstico de 0,4 mm. na marxe lateral da rótula.

A zona da contusión compromete microscópicamente diversas estruturas e tecidos, incluídas fibras nerviosas. A evolución é boa, pero aínda con dor invalidante para moi poucos movementos, que son  básicos para a práctica de fútbol. Está a procederse a utilizar medidas terapéuticas moi selectivas, cuxos efectos se valorarán nos próximos días.