RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucho pide nestes momentos "ter fe, seguir traballando" e "aínda confiar máis no equipo"

Lucho García tivo un partido tranquilo porque, a excepción do gol, o Racing de Ferrol apenas xutou entre o tres paus.

O meta colombiano asegura que "non temos que estar avergoñados. Deino todo dentro do campo, estiven falando constantemente cos meus compañeiros. Non saíron as cousas. Agora é onde se ten que ver o afeccionado de verdade, o que desde o primeiro momento que cheguei aquí ao Deportivo demostrou que está connosco, nas boas e nas malas".

Confesa que "estamos moi fodidos. Todo o mundo sabe que queremos gañar, vimos traballando forte, con ilusión. Tiñamos catro finais. Esta perdémola pero só queda mañá ir a Abegondo a traballar, a facer algo diferente para que nos saian ben as cousas".

Pide nestes momentos "ter fe, seguir traballando. E cando non están a saír as cousas aínda máis confiar no equipo; e traballar, traballar e traballar. Non nos queda outra para que nos saian as cousas".

Lucho subliña que "quero cambiar isto, quero achegar o meu graniño de area para que isto cambie dunha vez. Tento apoiarme no meu positivismo e achegar ese positivismo aos meus compañeiros. E a todo o deportivismo por favor que estea connosco. Non é un momento fácil nin para eles nin para nós. Estamos a dar todo nos adestramentos para que vaian ben as cousas".