RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucía Rivas foi titular con España sub-16 no triunfo ante Turquía que pechou o Torneo de Desenvolvemento UEFA

- Fotos: @SEFutbolFem

Lucía Rivas estivo concentrada coa selección española sub-16 con motivo dun Torneo de Desenvolvemento UEFA en Finlandia que concluíu hoxe mércores 31 de maio.

O terceiro e último partido para a canteirá branquiazul e o resto das súas compañeiras foi con Turquía como rival. Lucía Rivas (na foto inferior, de pé a segunda empezando pola dereita) foi titular nun choque saldado con vitoria hispana (0-4) grazas aos goles de Natalia Escot -2-, Emma Moreno e Rosalía Domínguez.

O segundo partido para as españolas foi o pasado domingo 28 ante a anfitrioa, Finlandia. O resultado favoreceu ás locais (0-2), cun gol en cada tempo; e Lucía Rivas saltou ao céspede no minuto 76.

España mediuse o venres 26 a Bélxica no primeiro partido e venceu por 3-0, con goles de Iris Ashley, Anna Guer e Emma Moreno. A atacante deportivista debutou neste combinado nacional, ao xogar a última media hora de encontro.

Os resultados de España neste Torneo Desenvolvo UEFA foron os seguintes:

Venres 26 de maio
ESPAÑA 3 - BÉLXICA 0

Domingo 28 de maio
ESPAÑA 0 - FINLANDIA 2

Mércores 31 de maio
TURQUÍA 0 - ESPAÑA 4

Lucía Rivas, con ficha cadete do Orzán SD e titular no Deportivo ABANCA B de Primeira Nacional, é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que esta temporada se atopan no radar das categorías inferiores da selección española, ademais de Manu Berrocal e Kevin Sánchez (sub-18), Elena Vázquez (que disputou estes días o campionato de Europa sub-17), José Rey (sub-16) ou Pablo García (sub-15).