RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucía Rivas incorpórase mañá martes á concentración da selección española sub-16

A selección española sub-16 leva a Lucía Rivas a un Torneo de Desenvolvemento UEFA en Finlandia que terá lugar do venres 26 ao mércores 31 de maio.

A canteirá deportivista, que acaba de participar a pasada semana nuns adestramentos en Alacante con este combinado nacional, incorporarase á concentración mañá martes 23 para viaxar xa ao país nórdico.

Os rivais de España no torneo son Bélxica, Finlandia e Turquía, con este calendario:

Venres 26 de maio
13:00 (hora local, 12:00 na Península): ESPAÑA - BÉLXICA, no Eerikkilä Sport & Outdoor Resort

Domingo 28 de maio
13:00 (hora local, 12:00 na Península): ESPAÑA - FINLANDIA, no Eerikkilä Sport & Outdoor Resort

Mércores 31 de maio
10:00 (hora local, 9:00 na Península): TURQUÍA - ESPAÑA, no Eerikkilä Sport & Outdoor Resort

Lucía Rivas, con ficha cadete do Orzán SD e titular no Deportivo ABANCA B de Primeira Nacional, é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que esta temporada se atopan no radar das categorías inferiores da selección española, ademais de Manu Berrocal e Kevin Sánchez (sub-18), Elena Vázquez (que disputa estes días o campionato de Europa sub-17), José Rey (sub-16) ou Pablo García (sub-15).

Sen competición xa no filial feminino, a atacante branquiazul disputou en Mos o pasado sábado co Orzán SD Cadete Feminino o partido de ida da final polo título galego. O resultado favoreceu ás orzanistas (1-5), que acariñan o campionato a falta do partido de volta.