RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luís Alberto: ''agora hai que ser ambiciosos e conseguir o máximo de puntos posibles''

  Luís Alberto compareció en rolda de prensa ante os medios de comunicación no Coruña Sport Centre de Matogrande, onde o primeiro persoal realizó esta mañana unha actividade de pádo. "Corremos bast

Confesou estar estes días "desconectado do tema de competición. Ata o luns non quero centrarme. Faime falta tanto a min como a todos pasárnolo ben como hoxe e a partir do luns xa pór a mente cento por cento no derbi". "Prefiro pensar estes días na miña familia, nos meus amigos que están aquí, pasarmo ben e a partir do luns non queda outra que derbi e sobre todo a salvación rápida", engade.

Cre que a vitoria do outro día ante o Levante axuda "porque se non se chega a conseguir, nin saio de casa". Insiste en que "foi máis boa para a mente que para outras cousas. Psicoloxicamente veunos moi ben e iso de face ao final de tempada axúdanos moitísimo".
 
Agora, pide o dianteiro branquiazul "non quedar co que temos. Hai que ser ambiciosos e conseguir os máximos puntos posibles".
 
Lembra Luís Alberto que o do sábado 2 de abril en Balaídos (22.05, TVE) será o seu primeiro #ONosoDerbi, xa que na ida disputada en Riazor non puido estar sobre o céspede debido a unha lesión: "Espero poder xogalo e sobre todo a ver se pode axudar ao equipo". 
 
Confesa que "como calquera derbi, xa se vive no vestiario, vívese durante toda a semana. Son partidos diferentes, que se notan no ambiente".
 
Do Celta, di coñecer "a Iago Aspas da miña etapa no Liverpool; e tamén a Sergi Gómez e a Carles Planas de cando estabamos no Barcelona B". Neste sentido opina que "son xente de sangue quente, sobre todo cando son derbis de terra. A Iago coñézoo ben e é un rapaz moi tranquilo, e moi bo tío".