RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luís Alberto pide ''seguir crecendo, aumentando o nivel, e con iso chegarán seguro as vitorias''

Luís Alberto manifestó esta tarde na sala de prensa de Abegondo que o equipo "está tranquilo" a pesar de que todavía non coñece a vitoria en 2016: "Sabemos que estamos a traballar ben, que se nos escapou a vitoria por d

Insiste en que o Deportivo "está ben, está a competir en todos os partidos, nalgúns nos faltou un pouco de fortuna para conseguir a vitoria. Estamos tranquilos porque sabemos que se seguimos así traballando vai chegar moi pronto".

Iso si, pide o atacante andaluz "seguir elaborando máis xogo, seguir crecendo, seguir aumentando o nivel e con iso chegarán seguro as vitorias".
 
Lembra a dificultade de gañar partidos na segunda volta, porque "todos os equipos ou case todos se xogan algo. Todos apertan os dentes. Temos que estar tranquilos, seguir traballando, non baixar os brazos e tentar conseguir o obxectivo canto antes".
 
Da súa asociación con Lucas, di Luís Alberto que "todo o que sexa bo para o equipo pois que veña. Está a tocarnos a nós dous participar en case todos os goles. Todo o que sirva para sumar o equipo, bo é".
 
Recoñece que o partido deste sábado 13 de febreiro en Riazor ante o Real Betis (22.05, TVE) é especial para el: "Estiven moitos anos na canteira do Sevilla. É un partido que me gusta xogar e tentarei dar o mellor de min, e alongar un pouco máis esta serie positiva".
 
Segundo Luís Alberto, gañando o tres próximos partidos (Betis, Espanyol e Granada), "estaría a salvación matematicamente case case lista, porque tamén son equipos que se están xogando iso e é meterlle tres puntos máis. Pero sabemos que vai ser complicado por iso especialmente, porque son equipos que se están xogando o descenso, xóganse a vida. Nós temos que mirar o noso equipo e seguir mirando cara arriba".