RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luís Alberto: ''temos que seguir traballando máis que nunca e apertar os dentes''

  Luís Alberto compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo e reconoció que o pasado sábado, tras o empate ante o Málaga, "fómonos fodidos porque después de darlle dúas veces a volta ao m

A pesar diso, pide ver a situación polo lado positivo, que "é que estamos un punto máis por encima do descenso".

Na súa opinión, "fixémolo todo o outro día. Non tiraron a portaría nunha acción de xogada. Fixeron dous remates a portaría e métennos dúas; e metémonos/metémosnos unha. Temos que seguir traballando máis que nunca e apertar os dentes porque temos que sacar isto adiante".
 
Do encontro deste sábado 12 de marzo no Vicente Calderón (20.30, Canle + Liga / Abono Fútbol) ante o Atlético de Madrid, di Luís Alberto que "é un partido moi complicado. Temos que ir mentalizados e tentar traer algo positivo para seguir sumando".
 
Subliña que "imos ao campo menos ideal (o estadio Vicente Calderón) para defender as accións a balón parado. Temos que concienciarnos e saber que contra o Atlético de Madrid non podemos deixar moitos balóns parados".
 
Cre que, do mesmo xeito que o Málaga, que chegou a Riazor "despois de recibir moi poucos goles. Despois de facer un traballo máis serio. Fomos capaces de facerlle tres goles. Nós temos que mentalizarnos que todos os equipos teñen os seus defectos e buscarllos. Seguramente que llo atoparemos co corpo técnico cos vídeos. A partir de aí traballalo o máximo posible e tentar aproveitar as poucas ocasións que teñamos... ou moitas".
 
Sostén Luís Alberto que "todos os equipos teñen as súas series malas. Temos que saber que hai que sumar os puntos o máis rápido posible. Nós somos os que máis desexamos gañar".