RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luis César: "Estamos máis preto. Estamos a defender un pouco mellor"

Luis César subliñou na sala de prensa do Estadio Anxo Carro que o partido foi "disputado, igualado. Os dous equipos tentaron gañar e non foron capaces de meter un gol na portería. A nós faltounos calidade nas nosas chegadas. As aproximacións vantaxosas non se converten en ocasións de gol. Perdemos opcións de facerlle dano ao Lugo".

O técnico deportivista admite iso si que "para gañar partidos hai que marcar un gol máis que o contrario e non o estamos facendo".

Sostén que non se marcha contento porque "quería gañar, evidentemente. Quero sumar de 3 en 3. Facemos cousas ben en defensa e en ataque pisamos ás veces a área con contragolpes moi claros e esas aproximacións non se converteron en ocasións. Para gañar hai que marcar un gol máis que o contrario, pero se deixas a portería a cero, cun gol pode chegar".

Destaca Luis César que agora, despois do segundo partido consecutivo sen encaixar goles, "estamos máis preto, estamos a defender un pouco mellor". "Xogamos de maneira distinta e desde que xogamos así non perdemos. Non me consola porque quero gañar, evidentemente. Se non ganas, e nós non o facemos desde hai tempo, a cousa ponse máis complicada. Temos que atopar esa vitoria como sexa. Se pode ser xa esta semana que vén, diante dos nosos. Este equipo non gaña desde a xornada 1, por iso estamos así, evidentemente", explica.

Exadestrador do CD Lugo, comenta que "temos tantas ganas todos, a afección, nós os profesionais, vós os xornalistas de que o equipo gañe un partido que mentres non gañemos non lle damos valor a case nada. Gañar aquí non é fácil. Vir aquí non é sinxelo. Xogar neste campo non é sinxelo. Dígocho eu que fun o seu adestrador. Aquí é complicado xogar para os rivais".