RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luis César fai fincapé esta mañá nas finalizacións e a posesión

Luis César fixo fincapé no adestramento desta mañá en Abegondo nas finalizacións, cun circuíto no campo 3; e na posesión de balón, tarefa que realizou a continuación no campo 2 da Cidade Deportiva.

Un partido 11 contra 11 puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede nunha fría mañá de persistente choiva en Abegondo.

O técnico deportivista non puido contar hoxe cos internacionais Lampropoulos, Gaku e Montero; ademais de Dani Giménez, hoxe con adestramento específico de ximnasio, Jovanović e Salva Ruiz, este último con molestias nos isquiotibiais e pendente de avaliación médica.

Os fabrilistas Boian, Mujaid, Gandoy, Valín, Iago Parga, Kanouté e Martí Vilà adestráronse hoxe co primeiro equipo.

Mañá mércores, o cadro cambia de escenario. Adestrarase en ABANCA-RIAZOR a porta pechada a partir das 17:00 horas.