RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luis César: "Hai que pegar un envorco a isto. Hai que reaccionar xa"

Luis César asegurou na sala de prensa do Estadio Francisco de la Hera de Almendralejo que "cometemos erros claros, esenciais para a integridade da nosa portería no primeiro tempo. Habemos ir ao contraxeito. Ao final foi un quero e non podo. O equipo sofre, loita, non baixa os brazos pero non nos dá para gañar".

O técnico branquiazul cre que é o momento de "revisar todo o establecido. O equipo non arranca nin dá visos de arrancar. Hai que reformularse se todo o traballado funcionou ou non. Hai que dar un envorco a isto. Hai que reaccionar xa. Teño claro que todo o que fixemos desde que cheguei aquí non funciona. Hai que pegar un golpe de temón, hai que buscar outra maneira porque isto non arranca e son o primeiro que se dá conta. Pasaron xa unhas xornadas e teño que cambiar de libreto, de partitura; e escoller outro camiño para que este equipo sexa solvente".

Di "non sentir vergoña por rapaces que corren. Entendo o malestar da afección, o desgusto. Non o facemos ben pero non é porque non corramos nin suframos. Están a sufrir no partido, no vestiario. Isto ninguén o esperaba e estamos nunha situación moi comprometida. Entre todos ímolo a resolver pero hai que dar un envorco a isto porque non vai como eu quero. De ningunha maneira esperábame estar nesta situación".

Cre que "hai tempo, moito tempo, pero cada vez menos. Estamos en novembro, queda moito, pero cada vez menos. Hai que ser realistas. Temos que revisar todo o establecido e comprobar todas as cousas que eu quería que saísen e non están a saír, nin dan visos de que saian. Isto hai que cambialo", conclúe.

Do partido ante o Extremadura UD, fala de erros branquiazuis: "Que vaiamos sacar un córner a favor e márquennos en contra... Son erros. Non quero entrar en detalles. Só podo dicir que isto non vai e hai que viralo. Revisar todo o establecido porque este non é o camiño que eu quería. Teño que buscar outra maneira de ser un equipo solvente e non o estou conseguindo".

Admite que "as derrotas fan moito dano. Dánannos moito. Estás a curar a ferida anterior, tela medio cicatrizada e vólvese a abrir en 7 días. Temos un problema futbolístico importante e temos que buscar outra maneira. Hai que variar, hai que variar todo".

Á afección, Luis César quere dicirlle que "entendo perfectamente o desgusto. Só pido unión. Xa sei que é difícil pedir unión desde a nosa posición. Non gañamos e non estamos nos momentos de pedir nada, pero si de lograr unión entre todos porque entre todos temos que sacar isto para adiante. Pedir non, rogar porque necesitamos á nosa afección. ¿Como non a imos a necesitar? Só podo dicir que estamos doídos, amolados e entre todos temos que poñernos de pé. Estamos no chan, hai que levantarse e necesitamos á afección".

Nesta liña, tamén comprende que o seu traballo á fronte do Deportivo estea cuestionado: "¿Como non o vou a entender? Se non se gaña sempre se buscan responsabilidades. Enténdoo todo, claro que si".