RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luís César insiste no traballo táctico no adestramento vespertino

Con poucos días por diante para preparar a visita á UD Las Palmas deste domingo 13 de outubro (21:00 horas, #Vamos), Luis César non perde un instante para armar tácticamente ao seu Dépor.

Sen os internacionais (Gaku, Lampropoulos, Mollejo e Montero) nin os lesionados (Koné, Somma, David Simón e Luis Ruiz, este cunha molestia nun aductor), o técnico branquiazul continuou cun exercicio táctico no campo 2, tras pasar previamente os futbolistas pola sala de vídeo.

Un partido a tres cuartas partes de campo puxo o punto e final ao traballo sobre o céspede. Luís César impartiu constantes instrucións e parou en repetidas ocasións o xogo.

Os 9 fabrilistas que traballaron esta mañá ás ordes do técnico deportivista repetiron no adestramento vespertino: Boian, Valín, Eimil, Mujaid, Gandoy, Martí Vilà, Bourdal, Kanouté e Mario Losada.

Mañá xoves tamén haberá dobre quenda na Cidade Deportiva, ás 10:30 e 17:00 horas.

Luis César ponse á fronte do Dépor nunha sesión con 9 fabrilistas

Luis César colleu esta mañá a batuta do Dépor nunha sesión matinal que comezou pasadas as 11:00 horas.

Coa ausencia dos internacionais (Gaku, Lampropoulos, Mollejo e Montero) e os lesionados (Koné, Somma e David Simón), até 9 fabrilistas traballaron esta mañá ás ordes do técnico deportivista: Boian, Valín, Eimil, Mujaid, Gandoy, Martí Vilà, Bourdal, Kanouté e Mario Losada.

Após un quecemento dirixido por Marcos Marcén, Luis César púxose ao choio cun traballo táctico no campo 2.