RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luis César: "Non queda outra que corrixir, insistir, buscar a mellor versión dos futbolistas ou escoller outros"

Luis César reiterou unha e outra vez na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "non queda outra que corrixir, insistir, corrixir, insistir, buscar a mellor versión dos futbolistas, escoller outros futbolistas ou perfeccionalos. Non queda outra que ese camiño".

Admite que hai futbolistas que "están moi por baixo da súa versión boa. ¿Que facemos con eles? ¿Quitámolos do medio ou insistimos con eles? É outro apartado que ten que facer o adestrador. Traballar, perfeccionar, escoller a outros ou mellorar aos que están, ou as dúas cousas á vez".

O técnico deportivista afirmou que o Málaga CF "gañou merecidamente. Pero o 80 % das ocasións de gol foron demérito noso. Iso é o que non podemos facer. Un día doloroso e a seguir. Irme para a miña casa, ver o partido, corrixir e seguir para adiante. Non hai máis".

Insiste en que "xogas un partido e espérache unha semana fácil, sinxela, dura ou moi dura. Tócanos unha semana dura pero temos que traballar coa mesma enerxía que se gañásemos hoxe aquí. Tratar de mellorar as cousas que fixemos mal e insistir".

Agora segundo o adestrador branquiazul é momento de "traballar máis, escoller outros futbolistas se cadra, ou variar funcionamentos. En definitiva, tratar de ser máis solventes. Non me gustou o equipo hoxe".

Luis César cre que "estamos na fase na que non sae o que un quere. Rendementos individuais baixos, rendemento colectivo baixo. Mostramos moita vulnerabilidade. Os que estamos neste oficio sabemos que algunhas veces estamos no barro, no lodo. Estou agora no barro, no lodo pero non me preocupa porque coñezo o hábitat e sei manexarme no lodo, no barro. Estiven moitas veces en posición de descenso. O que temos que facer é traballar e imos saír, claro que imos saír. Mirando para outro lado e poñéndome triste non vou solucionar nada. ¿Estou nunha situación que me gusta? Non. ¿Estiven outras veces? Si. ¿Gústame o barro? Non. ¿Gústame o cheiro do lodo? Non. Pero é o que me toca".

Pola súa banda, Víctor Sánchez del Amo, técnico do Málaga CF, destacou do seu equipo que "fomos capaces de ser moi efectivos en ataque e en defensa. En ataque creando moitas ocasións, aproveitando dúas delas. A marxe de mellora que temos é moi ampla. E logo eficaz en defensa. Controlamos o partido en ataque e en defensa".