RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luis César: "O equipo ten alma, ten paixón, ten furia, como se viu na segunda parte"

Luis César recoñeceu na sala de prensa do Sardinero que "foi un momento crítico e desestabilizador para nós chegar aquí e estar no descanso perdendo sen facer un bo partido. Ao primeiro de vez xa recibes un gol en contra. Corriximos un par de cousas. O equipo saíu ao campo convencido e demostrou que ten alma e bos futbolistas. O noso labor agora é seguir avanzando e sumando puntos para ir metendo rivais detrás".

O técnico deportivista apunta que "na primeira parte non se cumpriu o que queriamos. Tivemos que retocar a partitura no descanso. Non entramos ben ao partido. Non por non querer, se non porque non estamos sólidos. Se na primeira parte fomos peores que o Racing, na segunda se temos un pelín de fortuna, fixemos máis merecementos para marcar máis dun gol. Imos rescatar o positivo e observar tamén o negativo. Empeza a seguinte batalla. Que pase o seguinte. Na segunda parte estou contento porque o Sardinero viuse envorcado cara á portería de Luca Zidane. E xogouse o partido no campo de Racing. Se tivésemos un mapa de calor, o partido xogouse diante do meu banco. Se estivésemos enrachados, que non o estamos, na segunda parte metésemos máis dun gol. A seguir".

Insiste o adestrador branquiazul en que "fomos peores que o Racing de Santander na primeira parte, téñoo que recoñecer. Pero fomos moito mellores que o Racing na segunda. Se estivésemos noutra dinámica, noutra espiral, hoxe meteríamos máis dun gol".

Confesa que "o vestiario está contento porque eles saben que estiveron ben na segunda parte, a afección que se desprazou eu notei que estaba a vibrar co equipo. Axudáronnos. Os xogadores están contentos porque ven que na segunda parte estivemos xogando diante da portería do Racing. En canto ao de gañar, de momento non son capaz, pero o serei".

Non é Luis César partidario de ver o vaso medio cheo ou medio baleiro con este empate porque "iso é unha elección persoal. Ao final se ti non podes gañar, empata. Xa sei que un punto parece pouco. Tamén lle parecerá ao Racing de Santander. Viñemos aquí polos 3. Se todos os partidos que perdeu o Dépor este ano empatase, imaxínate onde estaría. Cando empatas parece que é pouco. Son 3 e escápanse 2. Se non podes gañar tes que empatar. O importante é non perder. Ímonos satisfeitos? Non. Eu viña a por os 3. Viñamos a por os 3. Eu quería gañar. Os xogadores queren gañar. Creo que na segunda parte estivemos moi preto de lograr os 3 puntos. Hai que persistir, insistir e resistir. Estamos ao pasar mal. Que fixemos mal na primeira parte? Observar, aprender, corrixir. O equipo ten alma, ten paixón, ten furia, como se viu na segunda parte. E ese é o camiño".

Recalca que na segunda parte o camiño é "xogar en campo contrario. Se xogamos todos os partidos en campo contrario como na segunda parte estaremos máis preto de gañar. O noso porteiro non tivo apenas traballo na segunda parte: unha falta lateral, un córner e algunha contra ao final. Tampouco podes ter ao Racing de Santander 45 minutos na súa área. A idea é sempre xogar en campo contrario. Na segunda parte conseguímolo? Si. O Racing xogou no seu campo porque non puido saír. Foi porque estivemos ben e o Racing estivo a defender 45 minutos porque non foi capaz de facelo mellor".