RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luis César solicita "coraxe, disciplina, confianza, todos os ingrendientes para ser un equipo competitivo"

Luis César manifestou esta tarde na sala de prensa de Abegondo que "necesitamos coraxe, disciplina, confianza. Necesitamos todos os ingredientes necesarios para ser un equipo competitivo. E niso estamos".

Recalca que cada partido, por exemplo o de mañá sábado no Toralín (18:00 horas, #Vamos) "é un comezo novo. Ponferrada é o seguinte episodio desta película. O outro día para todos, para os xogadores para a afección, para min foi un golpe duro en ABANCA-RIAZOR. Témolo esquecido. Só queda avanzar, resistir".

O técnico deportivista ve á SD Ponferradina como "un equipo intenso. Os partidos alí hai que vivilos os 90 minutos. Vai ser difícil baixarlle as pulsaciones ao partido porque é un equipo que imprime moita intensidade nas súas accións. Está a facer unha boa temporada".

Iso si, a estas alturas de competición, "dá igual o rival. Temos que vencer, ir atallando rivais que nos preceden. Son moitísimos meses sen gañar e as cousas ponse cada vez máis difíciles. Dá igual ir a Ponferrada que a outro lugar".

Con tanto tempo sen sumar os 3 puntos, Luis César admite que "tivemos que reconducir obxectivos porque os obxectivos eran outros. O único é saír desta situación. Estamos a 8 puntos do obxectivo, faltando 6 meses, non creo eu que sexa unha utopía. Pero si que estamos nunha situación delicada. Canto máis tardemos en gañar, máis complicado ímolo a ter".

Subliña que a pesar de que quedan moitos meses de competición, "non lle quito importancia ao partido de mañá. Somos os últimos. Canto máis tardemos en gañar, máis difícil pónsenos. Iso preocúpeme e ocúpame. É o único que teño na cabeza", asegura en canto á súa situación persoal no banco do Deportivo.

Confesa que no vestiario deportivista "estamos moi preocupados. O fútbol é para valentes que saiban afrontar as situacións complexas que presenta a competición. Hai momentos na liga agradables e desagradables. Estamos a vivir momentos desagradables porque ninguén contaba que este equipo estivese tanto tempo sen gañar".

Finalmente, consultado polo ambiente que rodea ao equipo, por exemplo co anuncio esta semana dun cambio próximo no Consello de Administración da entidade, Luis César opina que "temos que estar á marxe destas situacións. Non inflúe para nada porque estivemos ben institucionalmente e non fomos capaces de gañar. É doloroso que pase isto porque ao final isto ocorreu por culpa dos de aquí abaixo. Os resultados negativos trouxeron estas consecuencias lamentablemente. Nós temos que seguir o noso camiño, competindo, adestrando, xogando e estar illado destas situacións".