RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luís Filipe, presentación e acto seguido concentración cos seus novos compañeiros

O brasileiro Luís Filipe foi presentado esta tarde na sede do Club na Praza de Pontevedra como novo xogador do Deportivo. Chega cedido aínda que con opción de compra. En caso de concretarse, asinaría por cinco tempadas.

O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, deulle a benvida, desexoulle sorte e lembrou que "chega máis nova que Mauro Silva". Así mesmo, Luís Filipe recoñeceu haber aprendido moito na súa anterior etapa no Real Madrid Castela. "Sempre quixen xogar aquí en España, na mellor Liga do mundo", recoñeceu o futbolista, que nada máis concluír ao acto incorporouse á concentración do Deportivo no Hotel Hesperia Finisterre.