Marchena rebaixou a intensidade do seu adestramento e só Lux exercitouse co readaptador, Pablo López.
Toché, Borja e Luís, o tres dianteiros do equipo, afinaron a puntaría nunha das portarías de Abegondo. Para o resto do persoal houbo partidillos e traballo físico nunha sesión esixente.
Mañá xoves, o equipo está citado de novo en Abegondo ás 10.30. Antes, ás 10.00 horas, comparecerá Luisinho na sala de prensa.