RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Luis Pastur, adestrador do Alevín B, ficha polo Independente del Valle ecuatoriano

#ANosaCanteira segue exportando talento tamén a nivel técnico. Luis Pastur Neira, adestrador do Alevín B e dos Dépor Campus Cabreiroá, causará baixa no Club coa finalización deste ano 2019 após aceptar a proposta para formar parte da estrutura de base do Independente del Valle de Ecuador.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Luis Pastur o traballo realizado durante a súa etapa no Club, desexándolle os maiores éxitos profesionais e persoais no seu novo proxecto deportivo.

Daniel Gesto, segundo adestrador do Infantil B, asume as tarefas de máximo responsable do Alevín B, mentres que Manuel Manovel continúa coas súas funcións como segundo adestrador do equipo alevín.