RCD / NOVAS

Luis Ruiz, novo xogador do Dépor 2019-2020

05/08/2019 10:45

Luis Ruiz Sayago (Huelva, 30 de xuño de 1992) é, desde esta mañá, novo xogador do Real Club Deportivo. O lateral esquerdo chega ao Dépor como axente libre após militar até a pasada temporada no Club Deportivo Lugo.

O Atlético de Madrid en categorías inferiores, Leganés e Cádiz, xunto ao propio Lugo, foron os equipos nos que militou o defensa onubense antes de recalar, para a próxima temporada, e unha máis opcional, na Coruña.

Luis Ruiz xa se adestrará desde esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo.