RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luisinho advirte que "o equipo é consciente que non está nada resolto"

Luisinho afirmou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que a cita deste domingo 23 de abril en Anoeta ante a Real Sociedad (12:00 horas, Bein Sports) "é un partido importante para nós. Vimos dun gran resultado. Podemos pór fin xa á permanencia. Matematicamente pode non estar pero é un partido que pode resolver a temporada".

Do partido ante o Málaga, asegurou o lateral zurdo deportivista que "tiñamos que gañar si ou si. Conseguímolo. Fixemos os nosos deberes. Non hai que relaxarse. Temos un partido difícil contra a Real Sociedad. Hai que seguir nesta liña, sumando".

Advirte que "o equipo é consciente que non está nada resolto. Non gañamos nada. Demos un paso máis adiante co triunfo ante o Málaga, pero aínda non está nada resolto".

Do rival deste fin de semana, a Real Sociedade, apunta Luisinho que "imos atopar un equipo que pelexa polas competicións europeas. Do mediocampo cara arriba ten xogadores con calidade. Pero como dis tamén deixa xogar e nós tamén sabemos xogar".

Cre Luisinho que "debemos estar concentrados desde o primeiro ao último minuto porque vai ser un partido bastante forte. Se nos despistamos un pouco vainos a custar e sairemos con derrota".

Recoñece que "nos últimos partidos, sobre todo fóra de casa, non empezamos ben. Contra Valencia e Sevilla entramos moi mal no primeiro tempo. Non queremos que pase iso. Xogando fora cústanos un pouco e hai que manter intensidade e concentración desde o primeiro minuto".

A nivel persoal, confesa o defensor luso que "me estou atopando ben nesta etapa final de LaLiga. Desde o primeiro día da chegada de Pepe Mel deume esa confianza. Agora hai que agradecer esa confianza e demostrala partido a partido".

Lembrou ante os medios o partido da primeira volta en Riazor ante a Real Sociedad: "Viñamos dunha mala serie. Saíunos todo ben e a eles todo mal. Era un partido difícil a esa altura, conseguimos o tres puntos que eran importantísimos. Agora vai ser un partido diferente. Eles en casa xogan bastante ben. Temos que contrarrestar este bo xogo deles en ataque. Hai que estar concentrados e non hai que regalar nada".