RCD / NOVAS

Luisinho e Marlos cren que o equipo mereceu o triunfo

05/04/2017 23:55

Luisinho e Marlos Moreno pasáronse pola zona mixta do Estadio de Riazor, nada máis concluír o partido ante o Granada CF.

O lateral portugués recoñece que "tivemos unha gran oportunidade de conseguir o tres puntos que tanto queriamos. Era un partido bastante importante para nós, un partido difícil". Cre que na primeira parte, "entramos uns pouco fríos, pero no segundo tempo, polas oportunidades e o penalti que fallamos, eramos xustos vencedores. Non hai que lamentarse máis e pensar no próximo partido ante o Sevilla".

A xuízo de Luisinho, "agora hai que mirar para adiante. Non conseguimos os tres puntos e a ver se os conseguimos en Sevilla".

Pola súa banda, Marlos Moreno, que esta noite regresou ao once inicial, confesou que "sentinme moi ben, moi cómodo. Levaba moito tempo sen xogar, sentinme a gusto co que tratei de achegar ao equipo". O internacional colombiano opina sobre o empate sen goles que "nos faltou o toque final que nos dese a vitoria".

Marlos subliña que o resultado "non é xusto. Nós tivemos máis opcións de gol, independentemente que eles tiveron pero non tan claras como nós. Hai que seguir traballando e levantar a cabeza".

Máis novas de: LUISINHO, MARLOS MORENO

RCD / Noticias Relacionadas