RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luisinho fala de inxustiza e Borges opina que "saímos reforzados"

Luisinho e Celso Borges foron os protagonistas na zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O lateral portugués cre que a derrota foi "triste para nós. Tivemos o partido controlado. A primeira parte fomos uns pouco superiores, na segunda o Atlético equilibrou o partido. Cun balón parado, un detalle, o Atlético lévanos os 3 puntos".

Por este motivo, sostén Luisinho, despedido pola bancada cunha estruendosa ovación ao ser substituído por Fernando Navarro, que "o empate era máis que xusto. O fútbol ás veces é un pouco inxusto e agora hai que levantar a cabeza".

Reitera o defensor deportivista que "sabiamos que o partido se ía a resolver en pequenos detalles. E así foi, un balón parado, aos 90 minutos. Non debemos permitir iso cando o partido está a chegar ao final. Estamos aquí para aprender".

Pola súa banda, Celso Borges, antes de nada, aclarou aos medios de comunicación que sufriu "un golpe que me deixou KO, pero non é nada serio".

Do encontro, o mediocentro branquiazul di que "non teño nada que reprochar. Perder no último minuto sempre é difícil de soportar. Pero para nosa propia retroalimentación, esta semana saímos reforzados".

Iso si, Borges advirte que "neste tipo de partidos hai que puntuar. Cando non é así, saímos doídos".