RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luisinho incorporouse esta tarde aos adestramentos co grupo

Luisinho deu un paso máis na súa recuperación da escordadura de xeonllo esquerdo co que acabou a temporada pasada. Así, despois de traballar estes días co readaptador Fran Molano, esta tarde, o xogador portugués incorporouse ao adestramento co resto do grupo.

Os Servizos Médicos agardarán agora á evolución nos próximos días para decidir cando recibirá definitivamente a alta médica.

Por conseguinte, só estiveron á marxe nesta sesión vespertina Fede Cartabia e Borja Galán.

Esta tarde o adestramento foi basicamente con balón, cun traballo de presión, rondos e, para concluír, un circuíto de velocidade e resistencia con finalizacións no campo 2 e un exercicio de ataque, con dous dianteiros contra un defensa, este no campo 3.

Mañá, martes 11 de xullo, os futbolistas están citados en Abegondo ás 10:00 para unha nova sesión de adestramento.