RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Luisinho: "Necesitamos unha vitoria urxentemente"

Luisinho avisa das intencións do Deportivo este sábado 25 de febreiro en Leganés (18:30, Bein Sports): "Necesitamos unha vitoria urxentemente". "É un partido difícil... pero hai que gañalo", insiste.

Nesta liña, recoñece que "o equipo sempre empeza gañando e acaba perdendo. Mentalmente isto custa un pouco".

Cre o lateral deportivista que os xogadores "temos que estar unidos. Nas vitorias e nas derrotas temos que estar unidos". Iso si, desculpa aos futbolistas que o pasado sábado se retiraron ao vestiario de Riazor sen saudar aos afeccionados desde o centro do campo: "Estás quente, queres ir cara adentro, queres esquecerte de todo. Pero hai que estar porque os afeccionados están sempre connosco".

A pesar de non coñecer a vitoria neste 2017, Luisinho subliña que "tampouco estamos tan mal. Estamos nunha situación complicada. Merecemos estar máis arriba, iso é verdade. Non o estamos. Temos que asumir isto. Asumir que non estamos a facer as cousas ben. Quedan moitos partidos e pode cambiar isto".

Asegura o defensor deportivista que o vestiario está con Gaizka Garitano: "Estamos con el, el está connosco. Sempre foi honesto cos xogadores e cando é así, é unha pena, se fose o caso, que tivese que marchar. Nunca queremos que o adestrador se vaia pero o fútbol é así. Hoxe estás e mañá non estás. Vives dos resultados e cando as cousas non van ben hai que facer algo. Queremos que el continúe. É un bo líder, está a demostralo dentro e fóra do vestiario. Nós encantados que siga. Pero non depende de nós".