RCD / NOVAS

Luisito cita a todo o seu cadro para recibir mañá domingo en Abegondo ao Ourense CF

31/08/2019 13:00

Após o empate (0-0) cultivado o pasado domingo en Redondela ante o CD Choco, o Fabril estréase esta temporada en Abegondo mañá domingo 1 de setembro ás 12:00 ante o Ourense CF.

Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros.

Luisito, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro, incluídos Javi Sánchez, Gandoy e Boian, que adestraron co primeiro equipo esta mañá; e os xuvenís Yuste e Iván Guerrero.

Causan baixa para esta 2ª xornada ligueira, por lesión, Iñigo Reinoso e Manu Mosquera.

O Fabril é o único equipo de #ANOSACANTEIRA con competición oficial esta fin de semana.