RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luque: Debemos ter a pelota e levar o ritmo do partido

Luque compareceu esta mañá na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol". "Se queres ser campión de Liga, non podes deixarche puntos en sitios como Albacete", comenta o xogador deportivista, consciente da importancia do choque

-É o Deportivo favorito ante o Albacete?
-Non debemos esquecer que o domingo somos o equipo grande. Debemos ser capaces de manter a pelota e levar nós o ritmo do partido.
-O míster comentou estes días que Diego e ti aínda non estades coordinados.
-Somos xogadores con distintas características. Eu ademais, por circunstancias, tiven que modificar a miña posición no campo. Pero xogamos moito tempo xuntos e eu creo que esta apreciación é cuestión de partidos. Algúns saen ben as cousas, como ante o Zaragoza, e outros non tan ben.
-O público parece que non ten memoria. Ante o Zaragoza Diego mete dous goles e o outro día, co Sevilla, foi increpado desde a bancada.
-A xente que silva a Diego Tristán non está a axudar ao Deportivo. O único que pido é que cando xoguemos en Riazor, que a xente nos apoie.
-Parece difícil que os dous equipos que van por arriba piquen, porque os dous xogan en casa. Se preguntásenche a tí, quen preferirías que non gañase este fin de semana?
-Eu prefiro que pique o Madrid, que é o que vai primeiro e o que nos leva máis puntos. É un equipo que ademais falla moi poucas veces.
-O seu rival é o Málaga. Aínda gardas moitos amigos alí.
-É evidente que o Málaga non está no seu mellor momento. Están a atravesar unha mala serie de partidos. Pero imos esperar e confiar que dean a sorpresa. É díficil, pero imos velo.
-Tes algunha opinión das arbitraxes?
-Ningunha. O que teño claro é que unhas veces che dan, pero outras che quitan..