RCD / NOVAS

Luque e Capdevila, convocados por Aragonés

Os deportivistas Luque e Capdevila foron convocados esta mañá polo seleccionador español, Luís Aragonés, para os dous próximos compromisos de España, o primeiro deles ante Bélxica o vindeiro sábado. Os dous futbolistas incorporaranse esta tarde á concentración da selección española.

04/10/2004 13:30

Únense así a Víctor, que foi chamado polo seleccionador na convocatoria inicial do venres para os partidos de clasificación para o Mundial ante Bélxica (9 de outubro, o Sardinero, Santander) e Lituania (13 de outubro, Zalgiris, Vilna).

Máis novas de: ROMERO, VÍCTOR SDA, LUQUE, CAPDEVILA

RCD / Noticias Relacionadas